Conselleiro de Seguridade ADR

A obriga de dispor de conselleiro de seguridade é para algunhas das empresas nas que se realicen a carga, descarga ou transporte de mercadorías perigosas.


PDF Qué é unha mercadoría perigosa?



O Real Decreto 1566/1999 dí:

As empresas que transporten mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable ou que sexan responsables das operacións de carga ou descarga vinculadas a dito transporte, deberán designar, de acordo co establecido neste Real Decreto, en función do modo de transporte e das mercadorías perigosas transportadas, alomenos un conselleiro de seguridade encarregado de contribuir á prevención dos riscos para as persoas, os bens e o medio ambente inherentes a ditas actividades.

O regulamento para o transporte terrestre é o ADR

O regulamento para transporte por ferrocarril é o RID

O regulamento para transporte por vías navegables (en España non hai) e o ADN

O regulamento para o transporte marítimo e o IMDG

O regulamento para o transporte aéreo e o OACI

A figura de conselleiro de seguridade pode ser cuberta por persoal propio ou alleo (subcontratado), sempre que teñan a formación e haxan obtido o "apto" na exame que convoca a Xunta de Galicia cada ano. A súa renovación e cada cinco anos facendo unha nova proba escrita.


Ista disposición non se aplica ás empresas cuxas actividades implicadas

  • correspondan a "cantidades limitadas",
  • queden por debaixo dos límites establecidos en 1.1.3.6 e 1.7.1.4,
  • queden por debaixo dos límites establecidos nos capítulos 3.3, 3.4 e 3.5 do ADR vixente.


As mercadorías perigosas clasifícanse en trece clases:

Clase 1: Explosivos

Clase 2: Gases

Clase 3: Líquidos inflamables

Clase 4.1: Materias sólidas inflamables, materias autorreactivas e materias explosivas desensibilizadas sólidas

Clase 4.2: Materias que poden experimentar inflamación expontánea

Clase 4.3: Materias que en contacto coa auga desprenden gases inflamables

Clase 5.1: Materias Comburentes

Clase 5.2: Peróxidos orgánicos

Clase 6.1: Materias Tóxicas

Clase 6.2: Materias Infecciosas

Clase 7: Materias Radiactivas

Clase 8: Materias Corrosivas

Clase 9: Materias e obxectos perigosos diversos



Conte connosco para definir se a súa empreas está na obriga de dispor dun conselleiro de seguridade, e, en caso de estar, para darlle o servizo.








-


créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira