RITE - Instalacións térmicas en edificios


Actualmente está en vigor o REAL DECRETO 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios

Está modificado polos

Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que modificase o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios

Real Decreto 238/2013, do 5 de abril, polo que modificanse determinados artículos e instruccións técnicas do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios


En Galicia, completase coa Orde do 24 de febreiro do 2010 pola que se regula a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia, do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado polo Real decreto 1027/2007, de 20 de xullo, afectada á súa vez polo Real Decreto 238/2013


Ámbito de aplicación

1. Consideraranse instalacións térmicas as instalacións fixas de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e de produción de auga quente sanitaria, destinadas a atende-la demanda de benestar térmico e hixiene das persoas

2. Aplicarase ás instalacións térmicas nos edificios de nova construción e ás instalacións térmicas que se reformen nos edificios existentes, exclusivamente no relativo á parte reformada, así como no relativo ao mantemento, uso e inspección

3. Reforma dunha instalación térmica é todo cambio que se realice nela e que supoña unha modificación do proxeto ou memoria técnica co que foi executada e rexistrada. Considéranse reformas:

a) A incorporación de novos subsistemas de climatización ou de produción de auga quente sanitaria ou a modificación dos existentes

b) A substitución dun xeradores de calor ou de frío por outro de diferentes características

c) O cambio do tipo de enerxía empregada ou a incorporación de enerxías renovables

d) O cambio do uso previsto do edificio

4. Tamén considerase reforma a substitución ou reposición dun xerador de calor ou frío por outro de características semelllantes, ainda que elo non supoña unha modificación do proxeto ou da memoria técnica

5. Todos os productos que se incorporen á instalación deberán cumprir os requisitos relativos as condicións dos equipos e materiais do artigo 18 de este Regulamento

6. Non será de aplicación o RITE ás instalacións térmicas de procesos industriais, agrícolas ou de outro tipo, na parte que non está destinada a atende-la demanda de benestar térmico e hixiene das persoas



Non será de aplicación o RITE aos edificios que, á entrada en vigor de este real decreto, estén a construirse nin aos proxectos coa licencia de obras solicitada, excepto no relativo á súa reforma, mantemento, uso e inspección



Este Regulamento presenta catro Instrucións Técnicas Complemetarias:

IT-1 Deseño e dimensionado

IT-2 Montaxe

IT-3 Mantemento e uso

As instalacións térmicas manteranse segundo as operacións e periodicidades contidas no programa de mantemento preventivo establecido no "Manual de uso e mantemento", cando este exista.

As periodicidades serán ao menos as indicadas na táboa 3.1 segundo o uso do edificio, o tipo de aparatos e a potencia nominal.

As instalacións con Potencia útil nominal menor ou igual a 70 kW, cando non exista "Manual de uso e mantemento", manteranse de acordo co criterio profesional da empresa mantedora. A título orientativo indicanse as operacións de mantemento preventivo na táboa 3.2

As instalacións de biomasa e enerxía solar térmica adecuaranse ás operacións e periodicidade da táboa 3.3

Nas instalacións con Potencia útil nominal superior a 70 kW, cando non exista "Manual de uso e mantemento", a empresa mantedora o elaborará e llo entregará ao titular da instalación. As operacións a realizar serán as indicadas na táboa 3.3

IT-4 Inspección

Inspeccións das instalacións de xeración de calor

Inspeccións das instalacións de xeración de frío

Inspección das instalacións completas



Estos RD derroguan e sustituen ao Real Decreto 1751/1998, do 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE) e as súas Instruccións Técnicas Complementarias




créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira