RBT - Baixa tensión



Agora está vixente o REAL DECRETO 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión.


Este regulamento contempla 51 Instrucións Técnicas Complementarias.

A finais do 2014 publicouse a ITC BT 52 mediante o RD 1053/2014 (ver ao final), co que agora hay 52 Instrucións Técnicas Complementarias.

Esta nova ITC modifica ás ITC BT 02, ITC BT 04, ITC BT 05, ITC BT 10, ITC BT 16, ITC BT 25,


Adaptación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002) trala publicación do Regulamento Delegado 2016/364, que establece as clases posibles de reacción ao lume dos cables eléctricos.

Por imperativo legal da Unión Europea, aplicaranse as clases de reacción ao lume establecidos na Regulamentación europea ao Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión, coas datas de entrada en vigor seguintes:

A partires do 10 xuño do 2016 poderanse aplicar as prescripcións xa establecidas nas ITC-BT: 14, 15, 16, 20, 28 y 29 do REBT, ou que os cables eléctricos leven o marcado CE según as clases de reacción ao lume que indicanse no capítulo 4, en base á norma armonizada UNE-EN 50575:2015.

A partires do 1 de xullo de 2017 soamente se poderanse comercializar os cables eléctricos con marcado CE, coas clases indicadas no capítulo 4.

Definicións aplicables:
Cca: EN 50399: FS ≤ 2,00m; THR ≤ 30MJ; HHR ≤ 60MJ; FIGRA ≤ 300Ws-1 /// EN 60332-1-2: H≤425 mm
s1b: TSP1200 ≤ 50 m2; SPR 0,25 m2/s; transmitancia ≥ 60 % < 80%
a1: conductividade < 2,5 μS/mm y pH > 4,3
d1: sen caída durante 1200 s de gotas / partículas inflamadas que persistan máis de 10 s
Eca: EN 60332-1-2: H ≤ 425 mm

ITC BT 01 - Terminoloxía


ITC BT 02 - Normas de referencia no Regulamento electrotécnico de baixa tensión


ITC BT 03 - Instaladores autorizados e empresas instaladoras autorizadas


ITC BT 04 - Documentación e posta en servizo das instalacións


ITC BT 05 - Verificacións e inspeccións

Inclúe as seguintes instalacións coas periodicidades indicadas

Instalacións Industriais con potencia instalada superior a 100 kW. A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, engade talleres e almacéns con este límite de potencia instalada.

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)

Locais de pública concorrencia (ver a ITC BT 28)

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)

Locais con risco de incendio e explosión (ver a ITC BT 29). A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, inclúe neste apartado os locais de clase I (atmosferas explosivas formadas por gases ou vapores de líquidos inflamables): industria petrolífera, estacións de servizo, talleres de reparación de vehículos, locais onde se manipulen ou almacenen gases inflamables, pinturas ou disolventes; e, en xeral, todos aqueles locais en que hai ou pode haber gases ou líquidos inflamables

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)

Locais mollados con potencia instalada superior a 25 kW (ver a ITC BT 30). A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, inclúe neste apartado a industria conserveira e frigorífica en xeral, matadoiros, piscifactorías, lonxas, depuradoras, estacións de lavado de vehículos, establecementos de baños, locais con radiadores para saunas, etc. Instalacións á intemperie como: parques de caravanas, alimentación de barcos de recreo, etc.

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)

Piscinas con potencia instalada superior a 10 kW (ver a ITC BT 31)

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)

Quirófanos e salas de intervención (ver a ITC BT 38)

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)

Instalacións de alumeado exterior con potencia instalada superior a 5 kW (ver a ITC BT 09)

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)


O RD 1053/2014 que engade a ITC BT 52 sobre Infraestructura para a recarga de vehículos eléctricos inclúe estas instalación no réxime de inspeccións

Inspeccións iniciais


A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, inclúe

Garaxes de máis de 24 prazas, con ventilación natural ou forzada. Garaxes públicos pechados e cubertos de mais de 5 prazas
Todos aqueles locais non recollidos antes, se a ocupación é superior a 100 persoas. Nesta alínea inclúense cámpings, salóns de peiteado, salóns de beleza sen clínica, solarios, oficinas sen presenza de público, etc.

Locais clasificados en condicións BD2, BD3 e BD4 segundo a norma UNE 20460-3; por exemplo os edificios de grande altura

Inspeccións iniciais e periódicas (cada 5 anos)


As partes comúns de edificios de vivendas, se o edificio ten unha potencia total instalada superior a 100 kW

O réxime de inspeccións periódicas afecta a tódalas instalacións existentes destas características

Inspeccións periódicas (cada 10 anos)


ITC BT 06 - Redes aéreas para distribución en baixa tensión


ITC BT 07 - Redes soterradas para distribución en baixa tensión


ITC BT 08 - Sistemas de conexión do neutro e das masas en redes de distribución de enerxía eléctrica

Esquema TN

Esquema TN-S

Esquema TN-C

Esquema TN-CS

Esquema TT (es el esquema de distribución para instalaciones alimentadas directamente de una red de distribución pública)

Esquema IT


ITC BT 09 - Instalacións de iluminación exterior


ITC BT 10 - Previsión de cargas para subministracións en baixa tensión


ITC BT 11 - Redes de distribución de enerxía eléctrica. Acometidas


ITC BT 12 - Instalacións de enlace. Esquemas


ITC BT 13 - Instalacións de enlace. Caixas xerais de protección


ITC BT 14 - Instalacións de enlace. Liña xeral de alimentación

Adaptación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002) trala publicación do Regulamento Delegado 2016/364:

Os cables serán da clase de reacción ao lume mínima Cca-s1b,d1,a1. Os cables con características equivalentes ás da norma UNE 21.123 partes 4 ou 5 cumpren con esta prescripción.


ITC BT 15 - Instalacións de enlace. Derivacións individuais


ITC BT 16 - Instalacións de enlace. Contadores: localización e sistemas de instalación

Adaptación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002) trala publicación do Regulamento Delegado 2016/364:

Os cables serán da clase de reacción ao lume mínima Cca-s1b,d1,a1. Os cables con características equivalentes á norma UNE 21027, parte 9 (mezclas termoestables) ou á norma UNE 211002 (mezclas termoplásticas) cumpren con esta prescripción.


ITC BT 17 - Instalacións de enlace. Dispositivos xerais e individuais de mando e protección. Interruptor de control de potencia


ITC BT 18 - Instalacións de posta á terra


ITC BT 19 - Instalacións interiores ou receptoras. Prescricións xerais


ITC BT 20 - Instalacións interiores ou receptoras. Sistemas de instalación

Adaptación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002) trala publicación do Regulamento Delegado 2016/364:

Poderán instalarse directamente nos ocos da construcción os cables de clase de reacción ao lume mínima Eca e os tubos que sexan non propagadores das lapas.

ITC BT 21 - Instalacións interiores ou receptoras. Tubos e canles protectoras


ITC BT 22 - Instalacións interiores ou receptoras. Protección contra sobreintensidades


ITC BT 23 - Instalacións interiores ou receptoras. Protección contra sobretensións


ITC BT 24 - Instalacións interiores ou receptoras. Protección contra os contactos directos e indirectos


ITC BT 25 - Instalacións interiores en vivendas. Número de circuítos e características


ITC BT 26 - Instalacións interiores en vivendas. Prescricións xerais de instalación


ITC BT 27 - Instalacións interiores en vivendas. Locais que conteñen unha bañeira ou ducha


ITC BT 28 - Instalacións en locais de pública concorrencia

Locais de espectáculos e actividades recreativas: cines, teatros, auditorios, estadios, pavillóns deportivos, prazas de touros, hipódromos, parques de atraccións e feiras fixas, salas de festas, discotecas, salas de xogos de azar

A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, engade frontóns, campos de tiro, bingos, salóns de xogos recreativos, boleiras, piscinas públicas

Locais de xuntanza, traballo e usos sanitarios: templos, museos, salas de conferencias e congresos, casinos, hoteis, hostais, bares, cafetarías, restaurantes ou similares, zoas comúns en agrupacións de establecementos comerciais, aeroportos, estacións de viaxeiros, estacionamentos cerrados e cubertos para máis de 5 vehículos, hospitais, ambulatorios e sanatorios, asilos, garderías

A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, engade centros de saúde, clínicas (dentais, veterinarias, etc.)

Se a ocupación prevista e de máis de 50 persoas: bibliotecas, centros de ensino, consultorios médicos, establecementos comerciais, oficinas con presenza de público, residencias de estudantes, ximnasios, salas de exposicións, centros culturáis, clubes sociais e deportivos

A Orde do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión, engade nas oficinas con presenza de público aos bancos, seguros, xestorías, etc.

Cómputo do área en locais de pública concorrencia: A ocupación prevista dos locais se calculará como unha persoa por cada 0,8 m2 de superficie útil, a excepción dos corredores, repartidores, vestíbulos e servizos. Segundo a Instrución 4/2007, de 7 de maio, tampouco se contará a superficie de almacéns e escaparates, e non se deben restar as áreas ocupadas polos mobles.


Adaptación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002) trala publicación do Regulamento Delegado 2016/364:

Os cables serán da clase de reacción ao lume mínima Cca-s1b,d1,a1. Os cables con características equivalentes á UNE 21123, parte 4 ou UNE 211002 cumpren con esta prescripción.


ITC BT 29 - Prescricións particulares para as instalacións eléctricas dos locais con risco de incendio ou explosión

Emprazamentos de Clase I: Risco debido a gases, vapores ou néboas
Emprazamentos de Clase II: Risco debido ao po
Nestas clases establecese una subdivisión en "Zoas" segundo a probabilidade de presenza de atmosfera potencialmente explosiva.

A clasificación de emprazamentos levarase a cabo por un técnico competente, segundo a lexislación existente (ver o apartado ATMOSFERAS EXPLOSIVAS - ATEX da páxina)


Adaptación do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002) trala publicación do Regulamento Delegado 2016/364:

Os cables a utilizar nas instalacións fixas deben cumprir, respecto á reacción ao lume, como mínimo a clase Cca-s1b,d1,a1


ITC BT 30 - Instalacións en locais de características especiais

Instalacións en locais Húmidos
Instalacións en locais Mollados
Instalacións en locais con Risco de Corrosión
Instalacións en locais Poeirentos sin risco de incendio ou explosión
Instalacións en locais a Temperatura Elevada
Instalacións en locais a Moi Baixa Temperatura
Instalacións en locais nos que existan Baterías de Acumuladores
Instalacións en locais afectos a un Servizo Eléctrico (explotación de instalacións eléctricas)

Instalacións en outros locais de características especiais (circunstancias non especificadas anteriormente e que poidan por en perigo ás persoas ou ás cousas)


ITC BT 31 - Instalacións con fins especiais. Piscinas e fontes


ITC BT 32 - Instalacións con fins especiais. Máquinas de elevación e transporte

Guindastres, aparellos de elevación e transporte e outros equipos similares como escaleiras mecánicas, cintas transportadoras, pontes rodantes, cabrestantes, estadas (andamios) eléctricas, etc.


ITC BT 33 - Instalacións con fins especiais. Instalacións provisionais e temporais de obras


ITC BT 34 - Instalacións con fins especiais. Feiras e postos


ITC BT 35 - Instalacións con fins especiais. Establecementos agrícolas e hortícolas


ITC BT 36 - Instalacións a moi baixa tensión

MBTS - Moi baixa tensión de seguridade

A tensión nominal non excede de 50 V en corrente alterna ou 75 V en corrente continua, alimentadas cunha fonte con illamento de protección e cuxos circuítos teñen illamento de protección e non están conectados a terra

MBTP - Moi baixa tensión de protección

A tensión nominal non excede de 50 V en corrente alterna ou 75 V en corrente continua, alimentadas cunha fonte con illamento de protección e cuxos circuítos e/ou as masas están conectados a terra ou a un condutor de protección

MBTF - Moi baixa tensión funcional

A tensión nominal non excede de 50 V en corrente alterna ou 75 V en corrente continua, e non cumpren os requisitos das anteriores. Están alimentadas por unha fonte sen illamento de protección ou os seus circuítos non teñen illamento fronte a outros circuítos


ITC BT 37 - Instalacións a tensións especiais

Son aquelas cuxa tensión nominal es superior a 500 V en corrente alterna ou 750 V en corrente continua


ITC BT 38 - Instalacións con fins especiais. Requisitos particulares para a instalación eléctrica en quirófanos e salas de intervención


ITC BT 39 - Instalacións con fins especiais. Cercas eléctricas para gando


ITC BT 40 - Instalacións xeradoras de baixa tensión

Instalacións xeradoras illadas: Non pode existir conexión eléctrica algunha coa rede de distribución pública.
Instalacións xeradoras asistidas: Existe conexión coa rede de distribución pública pero os xeradores non poden traballar en paralelo con ela.

Instalacións xeradoras interconectadas: Traballan en paralelo coa rede de distribución pública.


ITC BT 41 - Instalacións eléctricas en caravanas e parques de caravanas


ITC BT 42 - Instalacións eléctricas en portos e mariñas para barcos de recreo


ITC BT 43 - Instalación de receptores. Prescricións xerais


ITC BT 44 - Instalación de receptores. Receptores para iluminación


ITC BT 45 - Instalación de receptores. Aparellos de caldeo


ITC BT 46 - Instalación de receptores. Cables e folios radiantes en vivendas


ITC BT 47 - Instalación de receptores. Motores


ITC BT 48 - Instalación de receptores. Transformadores e autotransformadores. Reactancias e rectificadores. Condensadores


ITC BT 49 - Instalacións eléctricas en mobles


ITC BT 50 - Instalacións eléctricas en locais que conteñen radiadores para saunas


ITC BT 51 - Instalacións de sistemas de automatización, xestión técnica da enerxía e seguridade para vivendas e edificios


ITC BT 52 - Instalacións con fins especiais. Infraestructura para a recarga de vehículos eléctricos



Ata a aparición de este Regulamento estaba vixente o Decreto 2413/1973, do 20 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión, que contaba con 44 Instrucións Técnicas Complementarias




créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira