Empresa


Comprometidos co medio ambiente e coa sociedade

MXEC GALICIA está comprometido firmemente co Medio Ambiente e pon en práctica as seguintes accións.


  • Utilizamos moi pouco papel, e o que utilizamos e 100% reciclado ou certificado FSC para garantir que procede de áreas forestais xestionadas de xeito responsable.
    • O emprego de papel 100% reciclado benefícianos dos seguintes aforros, respecto ao papel normal:
      • aforro de un 83% de auga
      • aforro dun 72% de enerxía
      • 100% de reducción na extracción de madeira dos bosques ou montes
      • reducción dun 53% nas emisións de CO2 a atmosfera
  • Reducimos os nosos residuos e separámolos para introducilos na cadea de reciclaxe. Devolvemos ao subministrador os cartuchos de tinta esgotados. Levamos ao Punto Limpo os residuos que o precisan.
  • Minimizamos a nosa pegada de CO2 utilizando o transporte público e as nosas pernas, nos desprazamentos pola cidade.
  • Se temos que usar o automóbil, circulamos a velocidades de baixo consumo facendo unha conducción "tranquila".
  • Alumeámonos con lámpadas eficientes.
    • Empregamos lámpadas de ledes de 5W, que permítennos obter a mesma iluminación que as de baixo consumo de 15 W, aforrando así un 65 % no consumo do alumeado.
  • Utilizamos produtos ecolóxicos para a limpeza, reducindo así o noso impacto na natureza e facilitando a depuración das augas residuais xeradas.
  • Promovemos o teletraballo, ou traballo en casa, para disminuir os desprazamentos e facilitar a conciliación da vida profesional e familiar.
  • Apoiamos iniciativas ecolóxicas e sociais.

Un pequeno xesto de cada un de nos, supón moito para a natureza.




Benvido a MXEC Galicia




créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira